FADSP Federacion de Asociaciones en defensa Sanidad Publica

FADSP Federacion de Asociaciones en defensa Sanidad Publica

Sanidad Hospital Publica Enfermera Medico Doctor Gestion privada operaciones sanitario paciente

35 años defendiendo la Sanidad Publica

MANIFIESTO: NOVOS RECORTES SANIDADE PUBLICA GALEGA.

 

     Ante as medidas que pretende aplicar a Xunta de Galicia ao persoal sanitario público da Administración autonómica como a reducir a xornada laboral dos interinos e persoal temporal, a xubilación forzosa ao chegar aos 65 anos, a supresión de días de permiso e das axudas de acción social ou rebaixar a paga por enfermidade, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar

 

      1.- Que a xubilación forzosa dos medicos aos 65 anos é un ERE (Expediente de Regulación de Emprego) encuberto para eliminar persoal sanitario, dado que a mesma administración anunciou que só reporá o 10% de prazas que quedan vacantes (o que supón a desaparición destas prazas. Esta medida obrigará a xubilarse de xeito forzoso a 1.900 médicos nos próximos 4 anos, mentres se que só se reporán ao redor de 200, o que suporá unha perda neta de 1.700 facultativos (o 14% da actual platilla). Resulta paradoxal e incongruente  que se atrase a xubilación dos traballadores manuais aos 67 anos e se adiante aos medicos.

     2.- A falta de medicos que padece Galicia (cando a dispersión e a ruralidad da poboación esixe que estivésemos por encima da media do Estado) fixo que a anterior Conselleira presentase fai menos de seis meses no Parlamento de Galicia unha proposta, que foi aprobada por unanimidade, para que os médicos puidesen alargar voluntariamente a idade da súa xubilación máis aló dos 65 anos (como parte dun Plan de Ordenación de Persoal que garantise a continuidade asistencial dos dispositivos do Sergas). O único que cambiou neste curto espazo de tempo é o afán de recortar a sanidade pública polo novo goberno central..

      3.- A redución do horario dos interinos, para pagarlles un menor soldo, completará este recorte de recursos sanitarios.

    4.- Rebaixar o soldo, os días de descanso, ou as baixas laborais, ao persoal sanitario que realiza un traballo moitas veces penoso con gardas, quendas etc, é inxusto e   xerará un clima de malestar e desánimo no colectivo incompatible coa a mellora da calidade dos servizos.

 

     A nosa Asociación volve reiterar que existen outras medidas para aforrar en sanidade (como é o gasto farmacéutico, o abuso tecnolóxico ou o financiamento privado), antes que atentar contra os dereitos dos profesionais e a asistencia dos cidadáns

 

 Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

 

4 febrero 2012