FADSP Federacion de Asociaciones en defensa Sanidad Publica

FADSP Federacion de Asociaciones en defensa Sanidad Publica

Sanidad Hospital Publica Enfermera Medico Doctor Gestion privada operaciones sanitario paciente

35 años defendiendo la Sanidad Publica

Nota de Prensa

Ene
05
2012

 DA AGDSP A PROPOSITO DO NOMEAMENTO DE  D.ª ROCIO MOSQUERA COMO CONSELLEIRA DE SANIDADE GALICIA

O presidente da  Xunta D. Alberto Núñez Feijoo consigue finalmente “despeñar hacia arriba” a Pilar Farjas, ubicándoa nun posto pouco relevante de un Ministerio de Sanidade coas competencias reducidas pola transferencia as CCAA,  e colocar no seu lugar a Rocio Mosquera, unha persoa mais próxima, mais experta no ámbito da xestión sanitaria -privada por suposto- e seguramente mais agresiva.

 


 
Resulta preocupante o nomeamento de Rocio Mosquera ao fronte da Consellería de Sanidade, unha persoa procedente do equipo directivo de POVISA, empresa que vive de un concerto “singular” co SERGAS e que nestes momentos negocia un novo concerto a dez anos (todo se fai como en casa). Non será previsiblemente  un nomeamento aplaudido na comarca viguesa.
 
Este nomeamento significa claramente que ao fronte da sanidade pública galega se sitúa unha persoa con un forte conflito de intereses público-privado. E, co todos os respectos como “ poñer o lobo a coidar das galiñas” 
 
Inicia así o presidente Feijoo esta nova etapa da Consellería de Sanidade –seguramente corta si opta por adiantar a convocatoria electoral- por pisar o acelerador da privatización, dos recortes, dos copagos de diverso tipo e seguramente de unha política de comunicación que afirma o que os feitos negan
 
Pronto sabremos si a recente deriva privatizadora do SERGAS era impulsada por Pilar Farjas ou mais ben pola nova Conselleira coa evidentísima participación persoal do presidente Núñez Feijoo..
 
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública