La AGDSP denuncia los engaños sobre los rastreadores en Galicia

nunez feijoo12082020A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, quere denunciar a información engañosa, proporcionada pola Consellaría de Sanidade: de que en "Galicia dispónse de 6.180 rastreadorxs de contactos de pacientes con COVID-19", como fórmula para controlar a pandemia; manifestamos o seguinte:

1.- Parece que nesta "listaxe", inclúense a profesionais de Saúde Pública, de Mediciña Prevetiva e de Atención Primaria. Profesionais que descoñecen que son "xs rastrexadorxs" de Feijoo; non recibiron ningunha comunicación de como actuar nestes casos concretos.

2.- O persoal sanitario do SERGAS, non recibiu ningunha formación para realizar esta actividade (o argumento do PP en Madrid para asignar este labor á multinacional Quirón é que "no tenia tempo para formar a lxs rastreadorxs".

3.- Non existe ningún protocolo para realizar e rexistrar o rastrexo na Historia Clínica da poboación, imprescindible para recoller datos e poñer en practicas as medidas necesarias.

4.- No caso do persoal de Atención Primaria, esta actividade sería imposible, POR FALTA DE TEMPO. Investigar xs contactos de cada afectadx, requiriría de varias horas, algo incompatible con consultas de máis de 40 pacientes diarios, só nas consultas médicas. Non digamos nas de enfermaría, saturadas pola falta de profesionais substitutxs neste época de verán e cos rebrotes a orden do día!

5.- Rexeitamos a POLÍTICA DE ENGANO SISTEMÁTICO, da opinión pública, posta en práctica pola Conselleria de Sanidade e o sr. Feijoo, nun tema de tanta transcendencia para a saúde e a opinión pública como é a pandemia da COVID-19.

Menos "bonos lixo" e máis inversión en Sanidade Pública en Galicia!

12 de agosto do 2020

PLG_DEBUG_TITLE

PLG_DEBUG_SESSION

Información de Perfil

Uso de Memoria

PLG_DEBUG_QUERIES

Immediate Flow