MANIFIESTO: NOVOS RECORTES SANIDADE PUBLICA GALEGA. {flike}
Ante as medidas que pretende aplicar a Xunta de Galicia ao persoal sanitario público da Administración autonómica como a reducir a xornada laboral dos interinos e persoal temporal, a xubilación forzosa ao chegar aos 65 anos, a supresión de días de permiso e das axudas de acción social ou rebaixar a paga por enfermidade, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar
1.- Que a xubilación forzosa dos medicos aos 65 anos é un ERE (Expediente de Regulación de Emprego) encuberto para eliminar persoal sanitario, dado que a mesma administración anunciou que só reporá o 10% de prazas que quedan vacantes (o que supón a desaparición destas prazas. Esta medida obrigará a xubilarse de xeito forzoso a 1.900 médicos nos próximos 4 anos, mentres se que só se reporán ao redor de 200, o que suporá unha perda neta de 1.700 facultativos (o 14% da actual platilla). Resulta paradoxal e incongruente que se atrase a xubilación dos traballadores manuais aos 67 anos e se adiante aos medicos.
2.- A falta de medicos que padece Galicia (cando a dispersión e a ruralidad da poboación esixe que estivésemos por encima da media do Estado) fixo que a anterior Conselleira presentase fai menos de seis meses no Parlamento de Galicia unha proposta, que foi aprobada por unanimidade, para que os médicos puidesen alargar voluntariamente a idade da súa xubilación máis aló dos 65 anos (como parte dun Plan de Ordenación de Persoal que garantise a continuidade asistencial dos dispositivos do Sergas). O único que cambiou neste curto espazo de tempo é o afán de recortar a sanidade pública polo novo goberno central..
3.- A redución do horario dos interinos, para pagarlles un menor soldo, completará este recorte de recursos sanitarios.
4.- Rebaixar o soldo, os días de descanso, ou as baixas laborais, ao persoal sanitario que realiza un traballo moitas veces penoso con gardas, quendas etc, é inxusto e xerará un clima de malestar e desánimo no colectivo incompatible coa a mellora da calidade dos servizos.
A nosa Asociación volve reiterar que existen outras medidas para aforrar en sanidade (como é o gasto farmacéutico, o abuso tecnolóxico ou o financiamento privado), antes que atentar contra os dereitos dos profesionais e a asistencia dos cidadáns
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
4 febrero 2012