COMUNICADO DA AGAMFEC ANTE O CONFLICTO SANITARIO NA COMUNIDADE DE MADRID
- Details
- Hits: 13315
SOLIDARIEDADE……E PREOCUPACIÓN
Nestes días estamos a asistir o estoupido dun conflicto no sistema sanitario da comunidade madrileña non visto neste país dende hai décadas. Dende a AGAMFEC, asociación de médicos de familia galegos que representa a mais de 1000 profesionais do colectivo de atención primaria, queremos expresar a nosa solidariedade cos profesionas sanitarios madrileños ante as medidas que pretende tomar a administración sanitaria. Esta medidas atentan contra os dereitos dos profesionais e traballadores sanitarios e vense na obriga de defenderse anta esta agresión pero tamén, e FUNDAMENTALMENTE, contra o Sistema Nacional de Saude (SNS) tal e como foi creado na Lei Xeral de sanidade. As medidas , que foron unánimemente rexeitadas por todolos colectivos, quere trasladar ó sector privado a xestión dos hospitais e áreas sanitarias e mesmo a privatización obrigada dunha veintena de centros de saúde . Para nós esto é una agresión xamais vista ó SNS e os argumentos empregados, coma profesionais da saúde, non podemos consideralos máis que enganosos:
-É falaz trasladar os cidadans e os pacientes a idea que a xestión privada é mais eficaz ca pública. Ningún estudo o ten demostrado e só dende os prexuicios ideolóxicos podese afirmar algo semellante que non ten evidencia científica que o respalde
-Como médicos de familia parecenos especialmente grave a privatización por decreto de centros de saúde (C. S.). Ademáis de arbitraria (despois de defendela como positiva, aducen que só vanse privatizar uns 28 centros) é una medida que vai facer desapareceré o modelo de Atención Primaria que coñecemos e defendemos, poñendo os C. S. ó servicio de empresas que van xestionar a sanidade co seu lexítimo interés de beneficio económico, sen outras consideracións.
-Como sociedade científica defendemos a profesionalidade, tanto no eido clínico coma na xestión sanitaria. Se os encargados de xestionar e salvaguardar o sistema público son os que, facendo dexación da sua responsabilidade, trasladan ésta a mans privadas ¿Quen vai ser responsable da boa xestión , de que o doente sexa o centro do sistema? Se nos, os profesionais, non abandoamos a un doente mesmo en circunstancias ben difíciles, non podemos entender a inhibición dende a administración pública da sua responsabilidade.
Esta solidariedade cos colegas e profesionais sanitarios acompáñase tamén de preocupación: Temos a sensación de que o conflicto de Madrid levase xestando en todo o país nos últimos tempos con medidas como o RD 16/2012 de sostenibilidade do sistema sanitario, que vai deixar desatendidos colectivos moi vulnerables (e contra do cal a nosa sociedade liderou a iniciativa da obxección de concencia) os decretos de mobilidade, áreas únicas, que está xa a vulnerar os dereitos dos profesionais e demais traballadores sanitarios. En Galicia o decreto de garantías da asistencia sanitaria, co señuelo de ofertar boa atención, volve a poner diante a falacia da mala xestión pública: se un doente non ten resposta axeitada do sistema sanitario o que debe facer un xestor público profesional é melloralo, detectando as deficiencias, correxíndoas e avalia-la implementación das medidas correctoras nun proceso de mellora continua. O que non e lóxico é derivar os doentes a atención privada, ca conseguinte descapitalización progresiva do sistema público. Non estamos a falar de suposicións, pois neste tempo de crise as empresas aseguradoras privadas aumentan os seus beneficios e a sua cobertura, mentras desfallecen os presupostos sanitarios públicos.
A AGAMFEC fai un chamamento a todalas organización profesionais, cidadans, veciñais e de calquieira outra índole para que apoien este manifesto de solidariedade cos sanitarios madrileños na sua loita por defender un patrimonio público de verdadeiro interese xeral:
O noso Sistema Nacional de Saúde Universal e gratuito